Descripción
Os Tikis-Mikis eran uns seres dunha época anterior, chamábanlles así porque pasaban todo o día protestando, como se todo lles molestase e os demais animais non se atrevían a falar con eles. Cambiarían de actitude algún día?… Con este conto pódense traballar as emocións, autoestima, empatía, integración e traballo en equipo, permitindo aos máis pequenos adoptar unha actitude positiva ante a vida. Ademais da historia, as nenas e os nenos teñen a posibilidade de relacionar palabras en dous idiomas e deixar voar a súa imaxinación creando os seus propios debuxos.








Valoraciones
No hay valoraciones aún.