Descripción
O Catálogo Universal de Laxeiro preséntase nun estoxo con tres volumes e un DVD no que se inclúe a totalidade da produción artística de Laxeiro, froito de oito anos de investigación sobre o artista. Tres tomos nos que se conseguíu unha combinación de goce para a vista e rigor para o estudo. Os dous primeiros recollen unha escolma dunhas 500 obras, as máis significativas do artista, e o terceiro inclúe un DVD no que se clasifica cada unha das 3.581 pezas, cunha ficha técnica que abrangue imaxe, título, data, técnica, medidas, inscricións, bibliografía pormenorizada, e diferentes posibilidades de busca.









Valoraciones
No hay valoraciones aún.