Descripción
Nova Galicia Edicións presenta o Catálogo Universal da Obra Gráfica dun dos máis grandes artistas plásticos do século XX, Xosé Conde Corbal. Un traballo de investigación, catalogación, estudo e divulgación que reúne os esforzos e as capacidades necesarias para editar en soporte papel e en soporte dixital a vida e o traballo artístico de Conde Corbal. A publicación recolle de forma exhaustiva e detallada a totalidade da súa obra, mais de 1.700 obras, nunha edición organizada en dous tomos, nos que se reproducen moitas delas, completando a edición con textos de destacados críticos e autores de prestixio; ademais dun DVD que reproduce o total da súa obra gráfica, incluíndo a ficha completa de cada ilustración, en tres versións lingüísticas (castelán, galego e inglés), coa función principal de posibilitar o acceso dixital á base de datos de cada unha das obras catalogadas por título, serie, tema, formato, técnica… Un enorme esforzo editorial que sen dúbida prestixia o fondo bibliográfico das artes plásticas contemporáneas.









Valoraciones
No hay valoraciones aún.