Descripción
Os artistas reunidos no presente volume poñen de manifesto a pluralidade lingüística, de situacións persoais, de estratexias e unha idea de vertebrar a arte que, en poucos casos, se liga ao seu país de orixe, entendendo esta ligazón como elemento dunha identidade apriorística. Estes artistas enfróntannos á diverxencia das súas situacións existenciais, cuxas circunstancias, marcadas pola singularidade, non fixeron máis que reforzar o valor da pintura como código universal por riva da comunidade cultural, lingüística, histórica ou xeracional que aquí os xuntaron.









Valoraciones
No hay valoraciones aún.