Dentro da filosofía de Nova Galicia Edicións sempre estivo o compromiso pola vanguarda nos procesos editoriais e no resto de servizos que ofrecemos, por estos motivos decidimos facer un restyling do noso logo, para que a nosa imaxe tamén manteña o mesmo carácter de innovación permanente.

Tratase dun logotipo conceptual, cunhas líñas suaves e sinuosas, que da unha imaxe de modernidade e dinamismo. En él podemos ver representadas as follas dun libro que ao pasar abatense unhas sobre as outras. Pareceunos que non podía existir mellor sentimento que trasladar dende unha editorial que o pracer do pasar de páxinas, do son do papel, do olor que este desprende xusto nese instante. É todo pura poesía que conflúe nos poucos segundos nos que unha folla cae sobre a anterior, ademáis de que veíamos necesario reivindicar este pracer que pouco a pouco vaise esmorecendo en pos das novas tecnoloxías (e-book, ibooks…) e que aínda así marcou a vida de moitas xeneracións polo que veíamos preciso mantelo como símbolo.

Presentamos unha nova imaxe, moderna e preparada para afontar os novos retos que a industria editorial e de contidos proponnos, pero co espírito audaz e de apoio á arte, a educación e a historia que temos dende sempre. Benvidos á nova Nova Galicia Edicións.

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para maior información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies